SÉGUENOS:

Liñas de transporte incluidas na concesión XG533 “A MARIÑA-VIVEIRO-RIBADEO”


AUTOS MORÁN pon á súa disposición os percorridos e os horarios das diferentes liñas de transporte incluídas na concesión XG533 “A MARIÑA-VIVEIRO-RIBADEO, con anexos”. Recomendámoslle que preste atención ás diferenzas de horarios que pode haber nunha mesma liña ao longo do ano, en particular nas liñas de servizos integrados, é dicir, aquelas liñas nas que se poderá transportar simultaneamente menores (escolares) con destino u orixe un centro escolar (colexio ou instituto) durante o curso escolar xunto con outras persoas que adquiran o billete correspondente ata completar a capacidade do vehículo. En todo caso, a capacidade dispoñible para cada liña estará en función do número de prazas reservadas pola Administración para o seu uso por parte dos menores (escolares), prazas que non se poderán vender a ninguna persoa usuaria aínda estando algunha delas baleira.

Así mesmo, queremos informarlle da dispoñibilidade de certas paradas adscritas ao servizo á demanda nalgunhas das liñas. As devanditas paradas solamente estarán disponibles para aquelas persoas usuarias que reservasen praza con anticipación. Para máis información, pode acceder á dirección www.servizoademandamariña.gal.

Información importante: Soamente están dispoñibles os horarios das liñeas e rutas que se están prestando na actualidade. En próximas datas iranse incorporando os horarios que entrarán en vigor a partir do 11 de setembro de 2017, coincidindo co inicio do curso escolar en Galicia. Para máis información sobre o calendario escolar galego, pode acceder ao seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar.

Co gallo de aclarar o período temporal no que cada horario estará activo e en funcionamiento, procedemos a definir as tempadas e períodos lectivos e non lectivos:

  • Período lectivo: coincide co curso escolar. O servizo de transporte préstase de luns a vernes, cando haxa colexio ou instituto; polo tanto, non haberá servizo os días festivos escolares nin en vacacións escolares.
  • Período non lectivo: coincide cos restantes días do ano nos que no hai curso escolar. O servizo de transporte préstase de luns a venres, cando non sexa día festivo.

​​    ​                    

LIÑA XG533-9: VIVEIRO E.A. – RIBADEO E.A. (actualizados)
LIÑA XG533-1: IES DE FOZ – FOZ E.A.
LIÑA XG533-2: CEIP O CANTEL (FOZ) – CASA PRIMO (FONTAO, FOZ)
LIÑA XG533-3: CEIP O CANTEL (FOZ) – XERCIDO (MONDOÑEDO)
LIÑA XG533-4: LOURENZÁ – A SEARA (MONDOÑEDO)
LIÑA XG533-5: VIVEIRO E.A. – CANDEAL Nº 4 (SILÁN, MURAS)
LIÑA XG533-6: SAN CIBRAO (CERVO) – RÚA (VIEIRO, CERVO)
LIÑA XG533-7: SAN CIBRAO (CERVO) – RÚA (AS CURUXEIRAS, CERVO)
LIÑA XG533-8: SAN CIBRAO (CERVO) – AS CURUXEIRAS (RÚA, CERVO)
LIÑA XG533-10: RIBADEO E.A. – FOZ E.A. (só se realiza durante os meses de xullo, agosto e septembro)
LIÑA XG533-11: SAN MIGUEL DE REINANTE (BARREIROS) – A FÓRNEA (TRABADA)
LIÑA XG533-12: RIBADEO E.A. – VILAMARTÍN PEQUENO (BARREIROS)
LIÑA XG533-13: RIBADEO E.A. – CIMA DE VILA (ARANTE, RIBADEO)
LIÑA XG533-14: RIBADEO E.A. – MOZANDEO (TRABADA)
LIÑA XG533-15: RÚA VIRXE DO CAMIÑO – A DORADA (RIBADEO) – REINANTE CASA AMADORA (BARREIROS)
LIÑA XG533-16: CEIP CELSO CURRÁS (TRABADA) – IGREXA BALBOA (TRABADA)
LIÑA XG533-17: CEIP CELSO CURRÁS (TRABADA) – CARREIRA CHÁ (VILAFORMÁN, TRABADA)
LIÑA XG533-18: A SEARA (ALFOZ) – BURELA E.A. (actualizados)