AUTOS MORÁN presta varios tipos de servizos de transporte de persoas por estrada en microbuses, midibuses e autocares.
- SERVIZOS DE TRANSPORTE REGULAR DE USO XERAL
A partir do 8 de agosto de 2017 AUTOS MORÁN vén prestando servizos de transporte regular de maneira conxunta coa empresa AUTOCARES RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ habendo constituído unha UTE para poder realizar os servizos asociados á concesión XG533 “A MARIÑA-VIVEIRO-RIBADEO, con anexos”. Estes servizos de transporte son tanto de transporte regular de uso xeral, como de uso especial escolar e á demanda. Para poder informarse sobre os horarios das rutas de transporte, pode acceder premendo aquí
- SERVIZOS DE TRANSPORTE REGULAR DE USO ESPECIAL ESCOLAR
Os centros escolares aos que se presta servizo de transporte localízanse na comarca lucense de A Mariña. En concreto, os servizos son prestados a diversos colexios e institutos tanto públicos como privados de Foz, Burela, San Cibrao e Cervo.
- SERVIZOS DE TRANSPORTE REGULAR DE USO ESPECIAL DE TRABALLADORES
A factoría de Alcoa localizada en San Cibrao (Cervo) é un dos centros de traballo para os que se presta servizo de transporte para o seu cadro de persoal en colaboración coa empresa A MARIÑA BUS.
- SERVIZOS DE TRANSPORTE REGULAR DE USO ESPECIAL PARA PERSOAS USUARIAS DE CENTROS DE DÍA E OUTROS CENTROS
Nos últimos anos, AUTOS MORÁN vén especializándose na prestación de servizos de transporte adaptado para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) con o sen cadeira de rodas. A maior parte dos servizos de transporte adaptado están dirixidos cara as personas usuarias de diversos centros de día e centros ocupacionais repartidos polas provincias de Lugo e Ourense, xa sexa para centros xestionados directa ou indirectamente polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ou ben por asociacións de persoas descapacitadas ou outras entidades sen ánimo de lucro.
- OUTROS SERVIZOS DE TRANSPORTE REGULAR DE USO ESPECIAL
Ademais dos servizos anteriormente mencionados, os cales se caracterizan por transportar un colectivo diferenciado de persoas nun mesmo vehículo e por ter as viaxes unha periodicidade ou repetición no tempo e un lugar de inicio e un destino tamén repetidos, AUTOS MORÁN tamén realiza servizos regulares temporais para asociacións de pais e nais de alumnos e alumnas (ANPAs), asociacións socioculturais ou centros escolares. Os servizos a prestar son de diverso tipo, aínda que sempre referidos ao transporte de persoas usuarias ou participantes en actividades extraescolares, lúdicas ou deportivas (por exemplo, transporte de nenos e nenas a piscinas).
- SERVIZOS DE TRANSPORTE DISCRECIONAL
Os servizos discrecionais agrupan todos aqueles servizos que se realizan de maneira puntual para grupos a partir de 9 personas. Non importa o destino, o número de días ou o tipo de servizo a realizar, desde AUTOS MORÁN sempre se intentará ofertar o servizo para satisfacer as necesidades da nosa clientela.