SÉGUENOS:

Dereitos e deberes dos viaxeiros

DEREITOS:

  • Ser admitidos sempre que non se sobrepasen as prazas dispoñibles en cada expedición, abonen o prezo do servizo, reúnan as condicións debidas de salubridade e hixiene, non porten obxectos que poidan causar perigo ou incomodidades aos demáis usuarios e cumpran as normas de educación e convivencia
  • Estar cuberto por un seguro de responsabilidade civil obrigatorio segundo corresponda en cada caso (SOVi, ou semellante)
  • Recibir un correcto trato por parte do noso persoal, quen deberá atender ás peticiones de axuda e información que lles sexan solicitadas polos usuarios, en asuntos relacionados co servizo
  • Obter información sobre as medidas de seguridade e os consellos de actuación en caso de emerxencia
  • Solicitar e obter en todos os vehículos e nas oficinas o libro de reclamacións, no que poderán expoñer calquera reclamación sobre a prestación do servizo
  • Portar equipaxe de man se non supón molestias para os demáis viaxeiros, así como equipaxe no maleteiro do vehículo, cumprindo as condicións de peso e adecuación
  • No caso de persoas con problemas de mobilidade reducida, sen ou con cadeira de rodas para o seu desprazamento, o persoal prestaralle todo tipo de axuda e atención para o acceso e descenso do vehículo
  • As personas invidentes ou con problemas visuais graves poderán estar acompañadas dos seus cans guía
  • O estado do vehículo será o adecuado para que a súa utilización se realice en condicións de comodidade, hixiene e seguridade

DEBERES:

  • Acceder o abandonar o vehículo nas paradas ou zonas de estacionamento adecuadas, non podendo facelo, salvo causas xustificadas, fóra das mesmas
  • Ocupar adecuadamente cada praza correspondente no vehículo, respectando as reservas de asento, mantendo as saídas de emerxencias sen obstáculos
  • Non viaxar de pé nin nos lugares non habilitados, procurando non dificultar en ningún caso o paso
  • Non distraer a atención do condutor do vehículo, nin entorpecer a súa labor cando este se atope en marcha
  • Atender as indicacións do noso persoal. En todo caso, entenderase que o responsable do vehículo é o condutor, cuxas instrucións deberán ser observadas polos viaxeiros
  • Evitar calquera tipo de discusión ou altercado cos restantes viaxeiros ou co noso persoal
  • Está prohibido fumar nos vehículos así como consumir substancias tóxicas, estupefacientes ou bebidas alcohólicas
  • Respectar os vehículos e instalacións, especialmente os mecanismos de apertura e peche dos vehículos, así como os dispositivos de seguridade e socorro, nin escribir, pintar, ensuciar ou danar o interior e o exterior do vehículo, nin botar ou arroxar desperdicios
  • Comunicar inmediata e preceptivamente aos condutores os danos persoais ou materiais que se causaran
  • No caso de tratarse dunha persoa con mobilidade reducida que accede ao vehículo cunha cadeira de rodas, deberá ocupar o espazo reservado para tal fin, empregando as medidas de seguridade habilitadas