Vehículos clásicos
MORÁN CLASSIC
Autos Morán incorpora unha nova sección dedicada ao mundo dos clásicos; un novo servizo que pretende ofrecer ao seus clientes un luxo ao alcance de todas as persoas.
Sinte a sobriedade e o glamour do mellor clásico inglés de todos os tempos viaxando nun Rolls Royce Silver Cloud I de 1959, así como a ostentosidade e elegancia do máis recoñecido clásico americano, un Cadillac Fleetwood Sedan de 1940.
|
Chrysler Windsor
Chrysler é un fabricante estadounidense de automóbiles que se fundou en 1925. No ano 1923 Walter P. Chrysler chega á presidencia de Maxwell Chrysler e contrata aos enxeñeiros, Fred Zeder, Carl Breer e Owen Skelton para deseñar un novo motor de seis cilindros. “Os tres mosqueteiros”, que foi como se lles apodaba, desenvolveron novos modelos para Chrysler durante case 20 anos.
En 1924, Chrysler lanza ao mercado o seu primeiro automóvil. Comercialmente o denominaron Maxwell. Era un coche de luxo, do cual fabricaron 32.000 unidades.
En 1925, Maxwell Motors pasa a chamarse Chrysler S.A. En 1928 adquire a compañía americana dos irmáns Dodge e en 1930 Chrysler comeza a fabricar coches de baixo coste para aumentar as vendas e a súa correspondente distribución.
En 1940, Walter P. Chrysler falece o 18 de agosto. Durante a Segunda Guerra Mundial dedicouse a empresa a fabricar vehículos militares. A década dos 40 foi gloriosa para a compañía americana, xa que por aquela época acaparaba o 24% do mercado.
O primeiro modelo de Chrysler con insercións de madeira (nas portas) foi o Dave Wallace. Estaba fabricado sobre o chasis do Chrysler Windsor e se podía escoller entre unha carrozaría de seis ou nove asentos. O seu prezo era moi competitivo e se fabricaron un total de 999 unidades, das cales as máis solicitadas foron as versións de 9 prazas. |
|
Cadillac Fleetwood Sedan de 1940
Ironicamente foi bautizado con nome francés. William Murphy, creador da compañía en 1902 elexiu ao oficial francés Antoine de la Mothe Cadillac, fundador de Detroit en 1701 para que servira de premonición; unha marca que nacía co pensamento de ser exitosa debía ser coñecida co nome do heroe máis temerario. A pesar da orixe oscura de La Mothe Cadillac, o seu escudo de armas era auténtico, por iso é a única marca que leva un verdadeiro escudo de armas como logotipo. O prestixio e a solidez eran a súa tarxeta de presentación.
O lema de Cadillac era: “cada americano que algunha vez tivo un soño, soñou con conducir un Cadillac”.
En 1912, Cadillac deixou coa boca aberta ao mundo ao presentar o sistema de encendido Delco, o arranque e a instalación eléctrica, convertíndose así no primeiro automóbil sen manivela de arranque. A este avance seguiron outros como a incorporación do primeiro parabrisas curvado da historia ou o primeiro sistema pechado de refrixeración do motor.
O Cadillac Fleetwood aparece en varias escenas de “El Padrino I”; deste modelo se baixa Vito Corleone cuando o tirotean e, ferido, cae sobre este coche. |
|
Rolls Royce Silver Cloud I de 1959
Marca que representa a máxima calidade en mecánica e deseño.
Coloquialmente se utiliza a expresión “O Rolls-Royce de …” para describir algo que é o mellor do seu tipo pois, efectivamente, o Rolls-Royce foi creado en 1904 baixo o eslogan “O mellor coche do mundo” por Charles Steward Rolls e Frederick Henry Royce, o cal permanecu ata os nosos días coma un símbolo de clase e distinción.
Nos anos 50, os Rolls-Royce só podían ser adquiridos polos máis altos representantes políticos dos países máis poderosos, só por cuestións de imaxe, e segundo as persoas entendidas “o mellor coche do mundo” acadou a súa máxima expresión co inigualable Silver Cloud.
O lema de Royce: “Fabrico coches para quen poida aprécialos e, por suposto, tambén pagalos…”
Fantasías románticas e murmuracións rodean a historia da máis recoñecida mascota do automóbil. O seu creador foi o escultor Charles Sykes, quen a describiu como unha pequena deusa que viaxa sobre a proa do Rolls e foi bautizada como o “espírito de éxtase” ao que chegan irremediablemente todas aquelas persoas que teñen a dicha de viaxar nun. |