|
Recomendacións de actuación
Antes de iniciar a viaxe
- De camino á parada, utilizar os pasos destinados para os peóns e respectar as normas de circulación peonil, incluso cando teñamos presa.
- Chegar á parada de autobús con antelación, tratando de fomentar no alumnado a chegada á parada sen correr, evitando deste xeito cruces de calzada sen mirar e nervosismo por perder o autobús.
- Esperar o autobús nos sitios autorizados; de non existir parada de autobús, deberase esperar sempre na beirarrúa.
- Respectar o sitio na parada do autobús, colocándose detráis da última persoa e non intentar poñerse diante dos demáis.
- Non empurrar ni alborotar aos demáis, evitando realizar conductas arriscadas como son os xogos de loita e todos aqueles que impliquen carreiras ou desprazamentos bruscos.
Na subida ao autobús
- Dirixirse ao autobús despacio, sen carreiras e sen empurróns.
- Realizar a subida ao autobús de maneira ordenada e respectando a vez.
- Non montar nunca ata que o vehículo estea completamente parado. De existir persoa acompañante, haberá que esperar a indicación de subir.
- Unha vez que se inicie a subida non hai que deterse na escaleira.
- Axudar ás personas que pola súa condición física teñan dificultades para subir ao autobús.
- Unha vez no interior do autobús, haberá que colocarse nos asientos sen correr e sen alborotar ao condutor.
No autobús
- Non levantarse dos asentos durante o traxecto.
- Deberase evitar gritar, botar papeis ao chan e realizar xogos que poidan distraer ao condutor.
- Seguiranse as instrucións da persoa encargada dos viaxeiros.
- En caso de emerxencia, seguir en todo momento as instrucións da persoa acompañante ou do condutor.
- Ceder o asento ás personas necesitadas, a aquelas persoas que pola súa condición física o necesiten: descapacitadas, embarazadas, compañeiros accidentados.
- Non levantarse do asento ata que o autobús se deteña por completo.
Ao baixar do autobús
- Levantarse cando o autobús estea completamente parado. De levantármonos en marcha e o autobús frease repentinamente, podémonos facer dano.
- Baixar de maneira ordeada, e respectando a vez de saída.
- Axudar a quen o necesite, facilitar a baixada ás persoas que pola súa condición física poidan necesitalo.
|