Transporte Sanitario
TRANSPORTE SANITARIO GALEGO presta servizos de transporte sanitario con ambulancias, principalmente dirixido ao transporte colectivo de persoas enfermas que deben seguir programas de rehabilitación ou acudir a consultas ou á realización de diversas probas, siempre para mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais. Tamén se ofrecen servizos de transporte sanitario para acontecementos e eventos culturais, deportivos ou de lecer.
Na actualidade disponse de dous tipos de ambulancias:
|
AMBULANCIAS CLASE A2 (TRANSPORTE COLECTIVO)
Estas ambulancias non asistenciais, é dicir, que non están acondicionadas para a asistencia sanitaria en ruta, si están acondicionadas para o transporte conxunto de persoas enfermas cuxo traslado non revista carácter de urxencia, ni estean aqueixados de enfermidades infecto-contaxiosas. Son as ambulancias empregadas habitualmente para realizar o traslado conxunto de varios pacientes que acuden periodicamente a sesións de rehabilitación ou a consultas médicas a mutuas.
Este vehículo dispón do material e equipamiento básicos para o traslado de persoas enfermas ou feridas en cadeira de rodas ou padiola ou sentadas en butacas, podendo precisar algún paciente de apoio do equipo de osixenoterapia, do cal está dotado o vehículo. |
|
AMBULANCIAS CLASE B (SVB, SOPORTE VITAL BÁSICO)
As ambulancias de Soporte Vital Básico (SVB) e atención sanitaria inicial son ambulancias asistenciais, acondicionadas para permitir a asistencia técnico-sanitaria en ruta, e son empregadas para o traslado de pacientes graves ou ben están presentes en acontecementos deportivos ou culturais con grande cantidade de asistentes, para a atención de calquera persoa que precise de asistencia médica inmediata.
Estes vehículos están dotados con todo o material sanitario e o equipamiento precisos para poder asistir a persoas feridas ou enfermas coa participación de dous técnicos sanitarios que velarán pola saúde das persoas atendidas. |