SÉGUENOS:

Vehículos

AUTOS MORÁN conta con diferentes tipos de vehículos, en función  das necesidades dos nosos clientes e adaptados aos tamaños de grupos ou colectivos que transportamos. É por isto que as diferentes capacidades coas que contan os nosos vehículos permítennos ofertar os nosos servizos a todos aqueles clientes que queiran viaxar connosco.

microbus

MICROBUSES (9-19 pax)

Os microbuses, vehículos que permiten transportar entre 9 e 19 persoas, permiten realizar servizos de transporte para pequenos grupos. Así mesmo, polo seu tamaño, permite realizar servizos de transporte por vías estreitas ou con pouca marxe de manobra, como poden ser estradas de montaña ou vías rurais.

O emprego destes vehículos está en aumento posto que o número de persoas que integran os grupos a transportar cada vez é máis reducido. Isto permite o emprego de vehículos con menor capacidade pero coas mesmas características e opcións de confort que un autocar, onde a comodidade e adaptabilidade son as súas principais características diferenciadoras.

Por outra banda, os microbuses cos que conta AUTOS MORÁN tamén permiten a realización de servizos de transporte adaptado para Persoas con Mobilidade Reducida (PMR) con ou sen cadeira de rodas, contando con moitas opcións de adaptación ao número de persoas sentadas en butaca e persoas en cadeira de rodas, resultando así moi versátiles.

midibu

MIDIBUSES (20-32 pax)

Os midibuses son vehículos con capacidade intermedia, óptimos para o traslado de grupos con necesidade de maleteiro ou bodega para levar maletas ou bolsas de viaxe que non collan nas portaequipaxes dos microbuses ou que sexan de certas dimensións os devanditos vultos. Ademais, poden dispoñer de prestacións que proporcionan valor engadido ao vehículo, como poden ser mesas ou conexión a Internet por wifi.

Estes vehículos son empregados habitualmente por asociacións ou equipos deportivos para o traslado de grupos de mediana entidade que, ademáis, adoitan levar mochilas e vultos de tamaño mediano. Son vehículos que permiten realizar viaxes de mediano e longo percorrido, resultando cómodos os asentos e gozando dunha viaxe confortable.

autocar1autocar2

AUTOCARES (45 pax ou máis)

Os autocares permiten o transporte de grandes grupos, de 45 ou máis persoas. Son vehículos para grupos cun alto número de viaxeiros ou para aqueles grupos que necesitan levar consigo vultos de tamaño considerable como, por exemplo, os instrumentos dunha banda de música ou os decorados e atrezzo dun grupo de teatro. Así mesmo, adoitan ser os vehículos empregados en verán para as excursións e as viaxes ao estranxeiro pola nosa clientela.

Os autocares teñen máis espazo entre dúas filas de asentos e entre dous asentos contiguos dunha mesma fila. Tamén dispoñen de wifi, letreiros luminosos electrónicos, dúas pantallas de televisión/vídeo, enchufes en todos os asentos a disposición das persoas usuarias para cargar dispositivos electrónicos… Para viaxes de longo percorrido son os ideais pois permiten gozar dunha viaxe cómodo.

Mención aparte merece o buque insigna da empresa, o autocar NEOPLAN STARLINER, vehículo de alta gama, con asentos de pel, maior separación entre filas de asentos, podendo separar os asentos contiguos para ter máis separación entre ambos. Dispón dunha zona de estar, cara o fondo do vehículo, como se fose un salón de estar, con neveira e cafeteira de cápsulas a disposición das personas viaxeiras.

Este vehículo, con poucas unidades en toda a Península, é sinónimo de calidade, prestacións e fiabilidade. Enxeñería alemá ao servizo da nosa clientela. A necesidade de ofertar vehículos e servizos Premium levou a AUTOS MORÁN a apostar por este autocar, garantía dun bo servizo.