A Lei 39/2006, de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, no seu artigo 24.1 establece que: “O servizo de Centro de Día ou Noite ofrece unha atención integral durante o período diúrno ou nocturno ás persoas en situación de dependencia, co obxectivo de mellorar ou manter o mellor nivel posible de autonomía persoal e apoiar ás familias ou coidadores. En particular cobre, desde un enfoque biopsicosocial, as necesidades de asesoramento, prevención, rehabilitación, orientación para a promoción da autonomía, habilitación ou atención asistencial e persoal”.
As personas usuarias destes servizos de Centros de Día ou Noite son persoas de idade avanzada, principalmente a partir dos 60-65 anos, que se encontran en situación de dependencia, a maioría delas con problemas de mobilidade reducida, incluso en cadeira de rodas. O servizo de transporte das persoas usuarias de Centros de Día establécese como accesorio e complementario e moi útil, permitindo solucionar as dificultades que os familiares ou titores das persoas usuarias poidan ter para o seu desprazamento e transporte diarios desde o seu domicilio ata o Centro de Día e viceversa.
AUTOS MORÁN ofrece e presta servizos de transporte adaptado tanto para entidades públicas, como o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, como para asociacións de ámbito social xa sexa para o traslado das personas usuarias de Centros de Día ou para a realización de desprazamentos con diversas fins (desenvolvemento de actividades deportivas, culturais, turísticas…).