SÉGUENOS:

Quen somos?

Autobús histórico Autos MoránMorán é un grupo destinado a satisfacer distintas necesidades, non só no ámbito do transporte, senón tamén no dos servizos sociais.
Este grupo ten os seus cimentos en Ángel Morán García, unha empresa de autocares con 75 anos de experiencia no sector do transporte e cuxo bo facer e aposta pola calidade, renovación e innovación continuas, consolidárono co paso do tempo nunha empresa destacada no sector co nome de Autos Morán.
Queda patente o interese do grupo pola innovación e aposta pola calidade ao ver a evolución da súa frota, que pasou de microbuses nos que compartían espazo persoas e mercadoría a posuír na actualidade autobuses coma o NEOPLAN STARLINER, modelo do que apenas hai exemplares en España.

Morán Grupo Empresarial formouse coma un grupo a partir do interese pola satisfacción de necesidades, e esas non só estaban no transporte de viaxeiros, senón tamén no transporte sanitario. Desta maneira pasa a formar parte Transporte Sanitario Galego. do grupo que se estaba empezando a forxar no ano 2000.
Cinco anos despois observouse que o mercado dos coches clásicos estaba sen cubrir na Mariña Lucense e empezouse a satisfacer esta necesidade desde Autos Morán con Morán Classics. Ata o momento o grupo conta con coches coma un Rolls Royce Silver Cloud de 1959, un Cadillac Fleetwood de 1940 e un Chrysler Windsor sedan de 1947.
Non sería ata o ano 2011 cando Ángel Morán, neto do fundador, advertiu a posibilidade de adentrarse no mundo dos servizos sociais e para isto se creou unha empresa especializada no tema, con coches adaptados e personal preparado para isto: Xestión de Servizos Sociais Galegos.