SÉGUENOS:

Autocares e microbuses

Desde hai máis de oitenta anos, AUTOS MORÁN vén prestando servizos de transporte de viaxeiros por estrada con microbuses e autocares.

Vénse traballando na procura dunha boa prestación de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada, crecendo pouco a pouco tanto en volumen de servizos como en número total de persoas transportadas, ampliando ademáis a área territorial abarcada e á que se lle está a proporcionar servizo, ao principio a un pequeno rincón da Mariña Central lucense e na actualidade acadando escalas rexional, nacional e, incluso internacional, nas que se encadran agora mesmo os servizos de transporte prestados. A empresa foise modernizando e adaptando aos novos tempos, conseguindo que a día de hoxe dispoña da capacidade e a solvencia suficientes para facer fronte a grandes retos empresariais.

A frota actual componse dunha grande variedade de vehículos, adaptados ás necesidades dos clientes, procurando que se encontren en todo momento nun óptimo estado de mantemento, conservación e limpeza.

A nosa empresa disponse dunha ampla frota de vehículos:

  • Vehículos standard: autocares, midibuses e microbuses de 13 a 59 prazas con butacas reclinables, cintos de seguridade, ABS, ASR, dobre luna, dobre monitor, WC, climatizador, DVD…
  • Vehículo gran confort: autocares de 50 prazas dotados de butacas de gran tamaño tapizadas en pel, reclinables e desprazables, cintos de seguridade, maior espazo entre asentos,  reposapés, mesas individuais, WC, mesa de xogos e salón, climatización, novas tecnoloxías…
  • Vehículos adaptados: microbuses de 8 a 24 prazas con ata 7 prazas para cadeiras de rodas e autocares de 50-54 prazas con ata 2 prazas para cadeiras de rodas.