SÉGUENOS:

Condución e descanso

Condución ininterrumpida

Tras un período de condución de 4 horas e media, o condutor fará unha pausa ininterrumpida de, como mínimo, 45 minutos, a menos que tome un período de descanso.

A pausa de 45 minutos pode ser substituída por unha pausa de, como mínimo, 15 minutos, seguida doutra pausa de, como mínimo, 30 minutos, intercaladas no período de condución.

Condución diaria

O tempo máximo de condución diaria non pode exceder de 9 horas, salvo dúas veces á semana que pode chegar ata as 10 horas.

Condución semanal

O tempo de condución semanal non superará aas 56 horas.

Condución bisemanal

O tempo de condución en dúas semanas consecutivas non pode exceder de 90 horas.
Así, se nunha semana se conduce durante 56 horas (máximo permitido), na seguinte só se poderá conducir durante 34 horas, posto que, sumando ambas as dúas, se chegará ao máximo de 90 horas.

Descanso diario

En cada período de 24 horas o condutor gozará dun tempo de descanso diario de 11 horas consecutivas.

Non obstante, pode reducirse o descanso diario de 11 horas a 9 horas, tamén consecutivas, tres veces á semana, pero antes de que acabe a seguinte semana haberá que compensar o descanso non tomado.

Alternativamente, o período de descanso diario poderá ser tomado en dous tramos, o primeiro deles de, como mínimo, 3 horas ininterrumpidas e o segundo de, como mínimo, 9 horas ininterrumpidas.

No suposto de vehículos con dous conductores, cada 30 horas cada condutor debe gozar dun descanso diario de 9 horas consecutivas.

O descanso diario poderá tomarse no vehículo sempre que este dispoña de liteira e se atope parado.

Descanso semanal

Despois de conducir durante 6 días consecutivos, hai que tomar un descanso de 45 horas ininterrumpidas.

O período de descanso semanal de 45 horas consecutivas pode reducirse a 24 horas ininterrumpidas.

As horas de descanso perdidas deben compensarse dunha sola vez, uníndoas a un período mínimo de 9 horas, antes de que termine a terceira semana seguinte, tendo en conta que non se poden tomar dous descansos semanais reducidos consecutivos.

CASOS ESPECIAIS: No transporte discrecional de viaxeiros o condutor poderá tomar o descanso semanal despois de conducir durante 12 días consecutivos. O descanso semanal que lle correspondería, adscribirase ao descanso semanal da segunda semana.