SÉGUENOS:

Consellos de seguridade no vehículo

EN CASO DE ACCIDENTE

No caso de que se producise un accidente e, unha vez considerada a situación, o condutor comunique a necesidade de abandonar o vehículo, deberase facer a evacuación o máis rapidamente posible, pero sen facelo precipitadamente, empurrando ao resto dos pasaxeiros. Deberase, previamente, localizar a porta máis cercana e evacuar o vehículo dando preferencia aos viaxeiros que estean situados máis preto da porta. Un erro típico é entreterse en recoller a equipaxe de man e entorpecer a saída do resto dos pasaxeiros. Unha vez fóra do vehículo é conveniente retirarse do mismo como mínimo 30 metros.

No caso de que o vehículo sufrise un accidente e estea envorcado sobre as portas de saída, a evacuación debe facerse polas portas e ventás de emerxencia ou a trapela do teito, segundo sexa a configuración do vehículo. Se están pechadas e non se poden abrir manualmente, deberanse romper co “martelo de emerxencia”, en caso de existir, procurando retirar todos os cristais para evitar cortes cos mesmos.

Se o condutor estivese inconsciente, procurarase seguir as indicacións anteriores. Haberá que procurar que non cunda o pánico, intentando tranquilizar aos pasaxeiros máis nerviosos.

Sempre se deberá adoptar unha serie de conductas que axudarán a minimizar ao máximo as consecuencias do mesmo:

  • 1º: PROTEXERNOS: Na medida do posible deberá realizarse unha saída do vehículo da maneira máis ordenada posible, colocándose no arcén, beirarrúa ou o máis separados posible da calzada. Haberá que poñerse unha prenda reflectante ou chaleque, en caso de dispoñer del, e sinalizarase o lugar do accidente cos preceptivos triángulos.
  • 2º: AVISAR: Deberase avisar aos servizos de emerxencia sen perda de tempo. Deberase chamar ao número 112, habilitado en todo o territorio español, incluso Europa. Haberá que describir a situación coa maior tranquilidade posible e da maneira máis concreta.
  • 3º: SOCORRER: Antes de que cheguen as axudas sanitarias, se hai persoas con coñecementos de primeiros auxilios, axudarán aos feridos. Se non é así, calquera poderá atender aos feridos, mantendo unhas normas mínimas de seguridade, siempre e cando non haxa unha situación de extrema urxencia:
    • Non se sacará aos feridos do vehículo tirando dos brazos ou pernas xa que se lle pode provocar algunha lesión máis grave
    • Non se lle dará ao ferido nin auga nin outras bebidas
    • Se o ferido ten frío, débeselle tapar cunha manta ou unha prenda de abrigo
    • En todo momento deberase facer compaña ao ferido, infundíndolle tranquilidade.